ENG

 

Buscar

 

contacto

Contactar con el IAC

La Fundación DIDAC presenta "Terra rara" de Hugo de Almeida Pinho

Fundación DIDAC

Inauguración: miércoles 21 de agosto

 

 

Este mércores 21 de agosto ás 20.00 h. a Fundación DIDAC inaugura a tempada coa exposición Terra rara do artista portugués Hugo de Almeida Pinho. Durante a inauguración, ás 20.30 h. terá lugar a performance Nature Fictions.

Comisariada polo tamén portugués David Revés, a mostra reflicte o terceiro momento dunha investigación ao redor das relacións establecidas entre a tecnoloxía, o humano e a natureza. Faino a través dun xesto de dobre sentido: tanto executando unha pequena arqueoloxía da tecnoloxía ao enfocarse en certos tipos de minerais naturais que están na súa base e que, por iso, desencadean na contemporaneidade procesos sociais, biolóxicos, económicos e políticos complexos, como tamén, de forma especulativa e crítica, tentando mapear movementos ao nivel das imaxes producidas polos dispositivos da técnica e da tecnoloxía e polos sistemas de arquivo e exposición, nas súas vertentes relacionais e simbólicas.

A mostra conta coa colaboración da Câmara Municipal do Porto e da Fundação Calouste Gulbenkian.

Hugo de Almeida Pinho (Ovar, Portugal, 1986) vive e traballa entre Oporto e París. Licenciado pola Facultade de Belas Artes da Universidade do Porto e na Marmara Universitesi en Estambul. Presentou o seu traballo en exposicións colectivas e individuais dende 2008. Becado pola Fundação Calouste Gulbenkian para a Residência 2019-2020 na Cité Internacionale des Arts, coa Beca do Institut Français/Camões París. Destacan as súas últimas exposicións individuais: «Paradox of Plenty» na Künstlerhaus Bethanien (Berlín, 2019) e «Pedra Pedra» en Appleton, Associaçao Cultural (Lisboa, 2018).