ENG

 

Buscar

 

contacto

Contactar con el IAC

La Fundación DIDAC presenta "LÍTICA" de Verónica Moar

DIDAC

Inauguración sábado 13 de abril a las 12.30

 

En palabras do escultor Eduardo Chillida:

“A aventura, cando busca o descoñecido, pode ás veces levarnos cara á arte (…) O artista trata de facer o que non sabe facer nesa aventura.”

A exposición centrarase nunha selección da súa obra máis recente dentro do ámbito da cerámica artística. Trátase dunha serie de pezas inéditas elaboradas en porcelana que son o resultado do proceso de experimentación e investigación levado a cabo durante este último ano.

Baixo o título LÍTICA, a mostra é unha clara reflexión sobre as fronteiras actuais da cerámica como material pero tamén como recurso expresivo.
Con todo, non se limitará exclusivamente a esta disciplina senón que tras ela subxace o interese e a necesidade de fusionar tres expresións culturais que, a priori, carecen dunha conexión para finalmente derivar nunha proposta máis ampla.

A principal motivación é expandir o enfoque e abrilo á colaboración, sobre todo, con outras mulleres que acheguen a súa voz, a súa propia visión e favorezan ao crecemento, enriquecemento e evolución do conxunto da obra para poder ir transitando desde a idea de algo inerte e estático (peza cerámica-exposición) cara a algo móbil e inmediato (corpo, voz- performance). Para iso, o día da inauguración, contará coa colaboración da poeta Antía Otero e da bailarina e directora artística Rut Balbís.

Coa intervención de:
Rut Balbís, danza contemporánea
Antía Otero, poesía
Nova-Garda, deseño
Roberto Casteleiro, música e son
Cristina de la Torre, video
Ound, vestiario

 

Máis información en www.didac.gal