ENG

 

Buscar

 

contacto

Contactar con el IAC

PROPOSTA DE MEDIDAS DE URXENCIA E DE FOMENTO DA PRODUCIÓN E ARTÍSTICA DIRIXIDAS ÁS ARTISTAS VISUAIS

El IAC suscribe el documento doonde se recoge una lista de medidas generales para evitar la exclusión social de los y las artistas visuales y paliar llas consecuencias derivadas de la actual crisis sanitaria. 

 

Neste documento recóllese unha lista de medidas xerais para evitar a exclusión social das artistas visuais e paliar as consecuencias derivadas da actual crise sanitaria e económica xerada pola pandemia do COVID-19. Tamén se propoñen unha serie de medidas ou liñas de actuación para a reactivación, no eido das artes visuais, da actividade e  sustentabilidade da produción artística, nas cales traballar nos próximos meses evaluando as súas posibilidades. O obxectivo é dar saída e viabilidade ao traballo que realizan as artistas visuais en Galicia e xerar unha actividade artística profesional estable.

A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia, MAV Galicia, Mulleres nas Artes Visuais e o IAC, Instituto de Arte Contemporáneo, únense co traballo de síntese e proposición realizado neste documento ás iniciativas tomadas desde distintas entidades de representación do sector e formacións políticas para o rescate das traballadoras da cultura, entendida agora máis que nunca como dereito e necesidade fundamental da cidadanía.

Medidas de urxencia:

1. Creación dunha renda básica mínima para as artistas visuais residentes en Galicia en risco de exclusión social.

2. Axudas para financiar o custo dos alugueres de estudos e talleres de artistas.

3. Liñas de crédito sen xuros a medio e longo prazo, e axudas empresariais.

4. Garantir a celebración de eventos, exposicións e outras actividades culturais canceladas en canto sexa posíbel por razóns de saúde pública, mantendo os compromisos previos á crise do COVID-19. Planificar neste sentido as etapas do“desescalado”consultando ás representantes do sector.

5. Manter as convocatorias de axudas, becas e programas adaptados á nova situación, conservando as súas datas abertas e garantir as liquidacións pendentes por parte das institucións públicas.

6. Prestar unha especial atención ás mulleres artistas e traballadoras da Cultura, na medida en que as desigualdades de xénero ás que se ven sometidas poden verse agravadas polas consecuencias da crise sanitaria, especialmente por un aumento na demanda de coidados no ámbito doméstico.

7. Constitución dunha comisión especial, na que exista unha ampla representación dos colectivos do sector cultural, coa finalidade de asesorar no establecemento de normas e procedementos, así como na posta en marcha dun plan de reactivación e sustentabilidade do mesmo, financiado por un fondo específico.

8. Reenfocar os orzamentos do Xacobeo 2021 tendo en conta ao sector de arte contemporánea en Galicia.

Medidas de fomento e sustentabilidade da produción artística:

1. Incremento dos presupostos para os fondos destinados á adquisición de obra de artistas galegas dentro das coleccións dos museos e institucións culturais públicas. Especialmente, para a adquisición de obra directamente a artistas e galerias. Asi como estimular a concellos, sector privado e fundacións, a seguir esta proposta.

2. Implementar un plan integral de fomento para á creación de público, divulgación e consumo de arte contemporánea galega dentro e fóra de Galicia. A través de diferentes liñas de actuación, como: a integración do coñecemento da arte contemporánea no ensino reglado, ampliación dos espazos televisivos adicados á divulgación e aproximación a arte contemporánea.

3. Establecer axudas e bolsas de concorrencia competitiva orientadas á produción e investigación vinculada á arte contemporánea galega.

4. Apertura dunha liña de axudas económicas ás asociacións profesionais e cooperativas formadas por artistas, que garantan o seu correcto funcionamiento e colaboración necesaria para paliar os efectos desta crise.

5. Creación dunha liña especifica de axudas para as mulleres, residentes en Galicia, que se adican ás artes visuais para a promoción do seu traballo.

6. Axudas dirixidas a artistas e profesionais do sector para o desenrolo de proxectos de divulgación e educación artística online e finanzamento da dixitalización (creación de webs, plataformas dixitais ) do seu traballo.

7. Incentivar a creación de espazos públicos ou privados de creación artística contemporánea: residencias, centros de produción multidisciplinares, etc.

Documento asinado polas seguintes entidades:

A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia
IAC, Instituto de Arte Contemporáneo
MAV GALICIA , Mulleres nas Artes Visuais